Encoro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Depósito que se forma de xeito artificial, xeralmente cerrando o curso dunha corrente de auga mediante unha presa ou dique que a retén. Utilízase normalmente para almacenar as augas co fin de usalas para rego, o abastecemento de poboacións, a produción de enerxía eléctrica, en transvases, etc..
- Muro de pedra ou doutros materiais que se constrúe o través dun río, regato ou canle co fin de subir o nivel da auga co obxecto de derivala.
- Condución de auga para dar movemento ás rodas dos muíños ou outras máquinas.
- Construción feita a efecto de deter a corrente de auga, o mesmo que barraxe, presa e represa.
[editar] Tipos de presas
Segundo a súa planta, pódense distinguir tres tipos:
- Planta recta.
- Planta curva.
- Planta mixta.
Segundo a súa estrutura temos:
- De gravidade, cando o peso da presa abonda para aguantar o empuxe da auga. Poden estar feitos de formigón, pedra, escollera con núcleo de material impermeábel, unha combinación de varios etc...
- De gravidade alixeirada: consiste en facer uns grandes contrafortes e o resto da presa e máis esvelta, ou simplemente acábanse de formar coas comportas.
- Cóncavas; como indica o seu nome, constrúense en forma de cunca co lombo cara á auga de xeito que o empuxe se transmite dereitamente cara as paredes naturais do terreo.
A combinación de formas e tipoloxías de estrutura dan unhas construcións dignas de ser vistas e case sempre diferentes unhas das outras.
Galicia como terra de auga ten unha boa colección de diferentes formas e tamaños.