Ernst Abbe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ernst Abbe (1840-1905). Físico, matemático, astrónomo e industrial alemán.
Naceu en Eisenach nunha familia de orixe humilde e morreu en Jena. Entre 1870 e 1896 foi profesor de Física na Universidade de Jena.
Dirixiu a fábrica de óptica de Carl Zeiss en Jena (1875). En 1878 foi nomeado Director do Observatorio astronómico de Jena.
A el débense moitos progresos na óptica instrumental. Ideou un refractómetro, un condensador para microscopios(Condensador de Abbe), unha cámara lúcida (Prisma de Abbe), etc.