Escipión
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
![]() |
Esta é unha páxina de homónimos. Unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. |
Escipión é un apelido romano usado por unha rama da familia dos Cornelios. Os escipións eran aliados políticos tradicionais da rama dos Paulos, na familia dos Emilios. A tumba familiar, datada no século III adC e redescuberta en 1780, contén unha das maiores coleccións de inscricións latinas, importante fonte de información sobre a antiga república romana.
Algúns "escipións" famosos foron:
- Lucio Cornelio Escipión, cónsul 350 adC
- Lucio Cornelio Escipión Barbado, cónsul 298 adC
- Cneo Cornelio Escipión Asiña, cónsul 260 adC, 254 adC
- Lucio Cornelio Escipión, cónsul 259 adC
- Cneo Cornelio Escipión Calvo, cónsul 222 adC
- Publio Cornelio Escipión, cónsul 218 adC
- Publio Cornelio Escipión o Africano, vencedor de Aníbal en Zama
- Publio Cornelio Escipión Nasica, cónsul 191 adC
- Lucio Cornelio Escipión Asiático, cónsul 190 adC
- Lucio Cornelio Escipión, pretor 174 adC
- Publio Cornelio Escipión Nasica Corculum, cónsul 162 adC, 155 adC
- Publio Cornelio Escipión Emilián o Africano ‘‘Numantino’‘ ("Escipión o Novo")
- Publio Cornelio Escipión Nasica Serapio, cónsul 138 adC
- Publio Cornelio Escipión, cónsul 16 adC
- Publio Cornelio Escipión, cónsul 52 dC
- Ser. Cornelio Escipión L. Saluidenus Orfitus, cónsul 149
- Ser. Cornelio Escipión Saluidenus Orfitus, cónsul 178