Estabilidade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Propiedade dun sistema en equilibrio estable. Estes sistemas son habituais na natureza e contémplanse seriamente en certas disciplinas coma poden ser:
- teoría do caos
- termodinámica e termotecnia
- hidráulica e física de fluídos
- ecoloxía, xenética, fisioloxía e bioloxía
- sociolingüística
Todos estes sistemas compóñense de elementos e as súas relacións. En tódolos casos poden identificarse elementos que son constantes, pero con relacións que oscilan arredor de valores constantes ou pouco variables.