Estado do Amazonas, Brasil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Estado do Amazonas | |
---|---|
![]() |
|
Capital: | Manaus |
Área total: | 1.577.820,2 km2 |
Poboación: | 2.817.252 habitantes (Censo 2000) |
Hora: | GMT-4 (en case todo o estado), inclusive Manaus; GMT-5 (a oeste da liña que parte da cidade de Tabatinga e vai ata Porto Acre, AC) |
ISO 3166-2: | BR-AM |
Estado do Amazonas, no Brasil | |
![]() |
O Amazonas é un estado brasileiro localizado no oeste da rexión Norte. Ten como límites: Venezuela e Roraima ao norte; Pará ao este, Mato Groso ao sueste, Rondônia ao sur, Acre a suroeste, Perú a oeste e Colombia a noroeste. Ocupa unha superfície de 1.577.820,2km2. A súa capital é a cidade de Manaus. Entre as cidades máis importantes atópanse: Manaus, Manacapuru, Tefé, Parintins e Itacoatiara.
A vexetación predominante no estado é o Bosque Amazónico, famoso por súa gran biodiversidade. O clima é ecuatorial, quente e húmido, con chuvias moi intensas.
Máis aló da explotación vexetal, son tamén moi importantes para a economía do estado as industrias da Zona Franca de Manaus, principalmente de equipamentos electrónicos: televisores, DVDs, etc. Os grandes ríos, como o Amazonas, o Solimões, o Negro, o Purus e o Madeira son importantes vías de transporte no estado, pero tamén hai estradas, como a BR-174 que liga Manaus ao litoral da Venezuela, pasando polo estado brasileiro de Roraima.
A bandeira foi adoptada por Lei nº 1513 de 14 de xaneiro de 1982. As 25 estrelas no canto esquerdo superior representan os 25 municipios en que se dividía o estado o 4 de agosto de 1897. A estrela maior representa a capital, Manaus. As dúas faixas brancas na horizontal representan esperanza e a faixa vermella, as dificuldades superadas.
[editar] Cidades
- Alvarães
- Amaturá
- Anamã
- Anori
- Apuí
- Atalaia do Norte
- Autazes
- Barcelos
- Barreirinha
- Benjamin Constant
- Beruri
- Boa Vista do Ramos
- Boca do Acre
- Borba
- Caapiranga
- Canutama
- Carauari
- Careiro
- Careiro da Várzea
- Coari
- Codajás
- Eirunepé
- Envira
- Fonte Boa
- Guajará
- Humaitá
- Ipixuna
- Iranduba
- Itacoatiara
- Itamarati
- Itapiranga
- Japurá
- Juruá
- Jutaí
- Lábrea
- Manacapuru
- Manaquiri
- Manicoré
- Maraã
- Maués
- Nhamundá
- Nova Olinda do Norte
- Novo Airão
- Novo Aripuanã
- Parintins
- Pauini
- Presidente Figueiredo
- Rio Preto da Eva
- Santa Isabel do Rio Negro
- Santo Antônio do Içá
- São Gabriel da Cachoeira
- São Paulo de Olivença
- São Sebastião do Uatumã
- Silves
- Tabatinga
- Tapauá
- Tefé
- Tonantins
- Uarini
- Urucará
- Urucurituba