Estela da Fame
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Estela da Fame é un texto de trinta e dúas columnas gravado na cara leste dunha das rochas superiores dun amoreamento rochoso no extremo sur da illa de Séhel (moi próxima a Asuán, no Alto Exipto). Descubriuna en 1889 Charles Wilbour e foi traducida por Brugsch (1891), Pleyte (1891), Morgan (1894), Sethe (1901), Barguet (1953) e Lichtheim (1973).
O texto dátase no ano 18 del reinado de Zoser (Dinastía III), aínda que sen dúbida foi gravada en época moi posterior (seguramente en época ptolemaica). Narra a preocupación do monarca pola fame que asolou o país ao non chegar as augas do Nilo ao nivel necesario para regar os campos. Diante disto, o faraón fixo chamar a Imhotep e preguntoulle polas causas de tal desgraza. Este aconselloulle suplicar o seu cese ao "Señor das Fontes do Nilo", o deus creador Khnum. De ahí que se gravasen en tan alonxado lugar.
A estela trata os seguintes aspectos: descrición da fame, visita á biblioteca de Hermópolis, revelacións de Imhotep, o soño de Zoser e un decreto real. Entre as columnas situadas entre a 6 e a 22 fálase de métodos construtivos; da columna 11 a 18 Imhotep enumera diversas rochas e minerais da rexión de Elefantina, e da columna 18 á 20 descríbese o soño do rei.