Estilo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta é unha páxina de homónimos. Unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. |
O estilo inclúe os conceptos de xénero, deseño, formato, e aparencia:
- Literatura: Estilo literario
- Roupa: moda
- Música: xénero musical
- Títulos honoríficos: Estilo (tratamentos de cortesía)
- Deseño de webs: Follas de estilo
- Escrita: Guía de estilo, Manual de estilo e xénero literario
- Linguística: Variación no uso lingüístico dun individuo. Os distintos estilos, por exemplo formal/informal é estudado pola estilística.
- Un dos tres trazos tradicionais dun tipo de letra xunto tamaño e peso -estilo regular ou normal, itálico ou cursiva e condensado.
[editar] Definición de estilo literario
O concepto de estilo pode retrotraerse ós comezos do pensamento literario en Europa. Aparece en conexión coa retórica antes que coa poética ó entenderse na tradición clásica como técnica de persuasión ligada á oratoria. A antiga retórica distinguía entre a oratoria forénsica, política e ceremonial, e cada unha delas respondía a unha ocasión concreta e a un repertorio particular de mencanismos destinados a facer funcionar o discurso adecuadamente. Aristóteles na súa Retórica (Libro III) e Quintiliano nas súas Institucións da oratoria (Libro VIII) dan conta dos medios (o vocabulario apropiado, o tipo de sintaxe e as figuras retóricas) que poden ser utilizados para conseguir determinados efectos estilísticos. O ton desta retórica é prescritivista: proporciónanse instrucións destinadas a unha composición efectiva. Incluso Longinus, que se amosa preocupado polas fontes morais e espirituais do sublime se revela fundamentalmente interesado polas figuras de estilo polo que poden ser conseguidos.