Excentricidade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Matemáticas
En matemáticas e xeometría a excentricidade é un parámetro que determina o grao de desviación dunha sección cónica con respecto a unha circunferencia. É un parámetro importante na definición das elipses.
A excentricidade e dunha elipse de semi-eixo maior a e semi-eixo menor b é:
Valores da excentricidade en seccións cónicas:
- A excentricidade dunha circunferencia é cero.
- A excentricidade dunha elipse é maior xa cero e menor ca 1.
- A excentricidade dunha parábola é 1.
- A excentricidade dunha hipérbola é maior ca 1.
[editar] Astronomía
Os corpos ligados gravitacionalmente entre si describen órbitas en forma de elipse. A excentricidade da órbita dun obxecto calcúlase de acordo coa fórmula anterior e expresa o grao de desviación con respecto a unha órbita circular.
[editar] Outros
Na linguaxe común emprégase o concepto de excentricidade para referirse ó comportamento inusual ou estraño dunha persoa.