Física experimental
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Física é considerada como a ciencia nai, por ser a primeira que acadou un desenvolvemento científico cunha idea actual de ciencia. De aí a importancia das experiencias na Física e tamén que conte cunha parte específica dela adicada á experimentación. Polo sinxelo feito de ser ciencia, experimental e metódica, necesita forzosamente comprobar as teorías e demáis construcións teóricas que desenvolve cun método que testa que realidade (feitos) e abstracción (predicións) coinciden: é unha ciencia natural e baséase, precisamente na natureza para sacar conclusións verificables.
A pregunta obrigada é ¿sempre fai falta comproba aínda que os cálculos indiquen que está ben? E a resposta é: si. A falsabilidade, resultado da metateoría da ciencia, indica que en calquera momento pode xurdir un feito experimental ou observacional en xeral que contradiga unha teoría ou construción teórica, por moi asentada que esteña. De aí a importancia que ten esta rama experimental non só como comprobación primeira, senón como test contínuo de calidade o conxunto da ciencia producida. Por exemplo, as revolucións científicas do cambio entre o século XIX e o século XX manifestan que construcións teóricas completas, testadas durante séculos, viñéronse abaixo como totalmente exactas por un só experimento, aínda que logo outros derivados profundizaron a brecha, dando lugar a melloras nas categorías científicas correspondentes. Como exemplo, a mecánica de Newton, despois máis de dous séculos, deixou de ser tida como paradigma de exactitude a raíz do experimento de Michelson-Morley, sendo substituída para medidas máis exactas nas que inteveñen grandes velocidades pola Teoría da Relatividade einsteniana