Faysal bin Abdelaziz Al Saud
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Faysal bin Abdelaziz Al Saud (en árabe فيصل بن عبدالعزيز آل سعود), tamén chamado Faisal ibn Abd al-Aziz, naceu probabelmente en 1905 ou 1906 en Riyadh. Foi o cuarto fillo de Ibn Saud e o terceiro rei de Arabia Saudí.
En 1925, comandando un exército de leais Saudistas, obtivo unha decisiva victoria sobre os Hejaz. Como recompensa, foi feito gobernador de Hejaz ó ano seguinte. En 1932 aceptou o cargo de Ministro de Asuntos Exteriores.
Despois de que as Nacións Unidas dividisen Palestina, Faisal pediu ó seu pai que rompese as súas relacións cos Estados Unidos, pero foi ignorado. A saúde de Saud empeorou, e Faisal tomou o posto de rexente o 4 de Marzo de 1964. O 2 de Novembro dese ano convertiuse en rei despois de que o seu irmán fose deposto.
Faysal introduciu algunhas reformas, coma a televisión e a escolarización feminina, ás que se opuxeron moitos saudies, incluindo ós membros da familia real, pois ambas foron consideradas contrarias ó Islam. En 1967, tras a victoria israelí na Guerras dos Seis Días, sentiuse derrotado e nunca voltou a sorrir.
En 1973, comezou un programa para incrementarlo poder militar de Arabia Saudí. O 17 de Outubro, retirou o pretróleo saudí dos mercados mundiais, cuadruplicando o seu prezo. Esta acción foi a principal culpábel da Crise Enerxética de 1973. En 1974 foi nomeado Home do Ano pola revista Time.
[editar] Asasinato
O 25 de Marzo de 1975 foi asasinado a tiros polo seu sobriño Faisal bin Musaed por razóns todavía descoñecidas. Especulouse con que quería vingar ó seu irmán maior Khalid, que morreu nun encontro contra as forzas de seguridade en 1966. Aínda que se falou de varias teorias sobre conspiración, unha investigation descubriu que o Príncipe Faisal bin Musaed supostamente actuou só.
O Principe Musaed estaba xunto a unha delegación Kuwaiti que agardaba para reunirse co rei. O rei Faysal encamiñábase cara eles cando Musaed sacou unha pistola e disparou sobre el.
Musaed foi capturado inmediatamente e inicialmente declarado demente. Máis tarde foi acusado de rexicidio e, en Xuño de 1975, foi decapitado na praza pública de Riyadh.
Faysal foi sucedido polo seu irmán Khalid bin Abdul Aziz.
En 1979, a cidade de Lyallpur, en Pakistán, foi renomeada coma Faysalabad no seu honor. A Mesquita Faysal en Islamabad, Pakistán tamén recibiu o seu nome. A maior estrada de Karachi foi renomeada Shahrah-e-Faisal e unha zona residencial próxima ó Aeroporto de Karachi foi renomeada coma Colonia do Shah Faysal.
Precedido por: Saud bin Abdul Aziz |
Reis de Arabia Saudí e Lideres da Casa de Saud |
Sucedido por: Khalid bin Abdul Aziz |