Feira de Santana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Feira de Santana | |
---|---|
Estado | Bahia |
Área | 1338,14 km² |
Poboación | 519 173 (2004) |
Altitude | 234 m sobre o nivel do mar |
Latitude | 12º16'00" S |
Lonxitude | 38º58'00" O |
Distancia de Salvador | 115 Km |
Código postal (CEP) | 44000-000 |
Administración local: | Prefectura Municipal de Feira de Santana Av. Senhor dos Passos 980 Centro |
Internet: | http://www.feiradesantana.ba.gov.br |
Alcalde (Prefeito) | José Ronaldo de Carvalho |
Feira de Santana é un municipio brasileiro do estado de Bahia, sitúado a 115 km de súa capital, Salvador, a cal se liga a través da estrada BR-324. Sitúase nunha das principais conexións de estradas do Nordeste brasileiro, para onde converxen estradas que ligan estados do Sur e do Centro Oeste do Brasil coa cidade de Salvador e con outras importantes cidades nordestinas. Ademais é porta de entrada para o sertão, a zona de clima semi-árido do estado.
Grazas a esa localización privilexiada e á distancia relativamente pequena (115 km) de Salvador, posúe un importante e diversificado sector de comercio e servizos, ademais de industrias de transformación (beneficiamento de algodón, téxtil, alimentos, bebidas, metalurxíi, e dous centros industriais con empresas diversas), unha a Universidade (Universidade Estatal de Feira de Santana, con 21 cursos), e tres institucións de ensino superior particulares.
Como destaques turísticos, posúe predios históricos, como a Igrexa de Nosa Señora dos Remedios (que presume ser de fins do século XVII), museos, 4 teatros, un Observatorio Astronómico, e as seguintes festas e eventos:
- Micareta: unha especie de Entroido realizado despois da Pascua
- Exposición Agropecuaria (EXPOFEIRA) no mes de setembro
- As Festas Juninas (que celebran santos populares: San Antonio, San Xoán Bautista e San Pedro e ocorren no mes de xuño) dos distritos de São José e de São Pedro dos Humildes
- a Camiñada pola Paz, realizada no mes de marzo de cada ano
- a Festa do Caminhoneiro (caminhoneiro = motorista de camión) realizada no mes de novembro, com shows musicais e xogos.