Forxa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A forxa é un proceso de conformado de materias férreos por medio do uso combinado de calor e presión. Este procedimento provoca un aliñamento das impurezas do material mellorando as suas propiedades na dirección perpendicular ao esforzo. Tradicionalmente a peza de ferro ou aceiro previamente aquecida na fragua era sostida polo ferreiro coas pinzas e golpeada cun martelo contra a bigorna. isto hoxe só se fai en produción artesanal, o normal é utilizar prensas hidráulicas. Os procesos de embutido e laminación tamén se basean neste proceso.