Francisco Cea Bermúdez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Francisco Cea Bermúdez, nado en Málaga o 28 de outubro de 1779 e morto en París o 6 de xullo de 1850, foi un político andaluz.
Tras diversas tarefas como diplomático, colaborou con Fernando VII na sua pugna co infante Don Carlos tras promulgar a Pragmática Sanción que facilitaba o camiño ó trono á sua filla, a futura Isabel II. Nomeóuselle Presidente do Consello de Ministros o 1 de outubro de 1832 e foi confirmado ó chegar ó trono a raíña Isabel II. Cando a situación se fixo máis complexa, e a raíña pretendía incoporar aos sectores mais críticos coa política absolutista da soberana, Cea Bermudez foi deposto en 1834.