Fredrik Bajer
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fredrik Bajer (Nästved 1837 - Copenhaguen 1922) foi un escritor, pacifista e político dinamarqués. Premio Nobel da Paz 1908.
Fillo dun pastor luterano, serviu como oficial no exército dinamarqués, loitou na guerra contra Prusia e Austria de 1864 e alcanzou o grao de tenente primeiro, desmobilizado en 1865, estableceuse en Copenhaguen como profesor, tradutor e escritor.
En 1872 entrou no Folketing, apoiou moitas organizacións pacifistas en Dinamarca e en Europa. En 1882 foi un dos fundadores da Asociación Danesa para a Paz e da Oficina Internacional para a Paz, en Berna (1891).