Frente de Liberación Gay
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En inglés Gay Liberation Front (GLF), nome tomado por distintos grupos que reivindicaban os dereitos dos homosexuais. O primeiro deles foi fundado na cidade de Nova Iorque en 1969 a raíz dos enfrontamentos de Stonewall.
A base da ideoloxía da Frente de Liberación Gay foi a loita pola liberade sexual das persoas, tocando tamén temas conexos a ese, como o cuestionamento da noción de familia tradicional, dos roles de xénero, ou o sentido das institucións estabelecidas na sociedade contemporánea. Ao mesmo tempo, a maioría dos militantes da Frente de Liberación Gay compartían un ideario antimilitarista, antirracista e contrario ás posturas sexistas. Durante o desenvolvemento da súa actividade entraron en contacto con distintos grupos que loitaban polos Dereitos Civís, como os Panteras Negras, dos cales recibiron mostras de solidariedade. A Frente de Liberación Gay cesou a súa actividade en 1972, tras múltiples disputas e disensións internas.