Fukuoka
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fukuoka é unha cidade do sur do Xapón, a máis importante da illa de Kyushu, capital da prefectura do seu nome. Ubícase a beira da bahía de Hakata fronte ao Estreito de Corea, situación estratéxica que fai o séu porto fundamental no tráfico con Corea do Sur e China. Ten unha poboación de 1.409.535 de habitantes (2006).