Galeras
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Volcán Galeras | |
---|---|
Elevación: | 4.276 metros |
Latitude: | 1° 13' N |
Lonxitude: | 77° 22' W |
Ubicación: | Colombia |
Tipo: | Estratovolcán caldérico |
Diámetro da base: | 20 Km |
Diámetro do cráter: | 320 m de diámetro e 80 m de profundidade |
Galeras é un volcán do sur de Colombia. Está situado a 9 km. da cidade de Pasto, capital do departamento de Nariño. No seu contorno encóntrase o santuario de Flora e Fauna do seu mesmo nome. A súa denominación dada polos conquistadores españois débese a que o seu deseño lles pareceu semellante ao dos condenados a traballos forzados na España desa época. Os aborixes chamábanlle no seu dialecto Urcunina, que significa montaña de lume.
Uns trazos fisiográficos característico do volcán Galeras é que posúe outros cráteres próximos máis pequenos, non ten glaciares e o seu volume está sen calcular.
É un dos volcáns de maior actividade en Colombia e o que conta con maiores informes históricos, con noticias de erupcións importantes desde o século XVI. A súa actividade fíxose maior a inicios de 1988. En xaneiro 14 de 1993, mentres un grupo de xeólogos recollía mostras como parte das actividades dun congreso de Vulcanoloxía, o volcán presentou un evento eruptivo no cal pereceron seis persoas.
[editar] Enlaces Externos
Guía de Preparativos de Saúde Frente a Erupcións Volcánicas Informes OPS