Germano Almeida
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Germano Almeida (Boa Vista, 1945), é un escritor caboverdiano.
Estudou dereito na Universidade de Lisboa e dende 1979 exerce a avogacía na illa de São Vicente. Colaborador da revista Ponto & Vírgula (1983-1987), foi un dos fundadores de Ilhéu Editora (1989), na que publicou a maioría das súas obras.