Giuseppe Bazzani
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Giuseppe Bazzani (Mantua, 1690 - 1769) foi un pintor italiano.
Naceu no seo dunha familia de ouriveiros, foi discípulo de Giovanni Canti e realizou as súas primeiras obras, como A anunciación, nun estilo próximo ao que se estaba a realizar en Venecia, pero a partir de 1720 a súa fonte de inspiración vai vir das obras de Rubens e Paolo Veronese. Dende 1752 foi profesor na Academia de Belas Artes de Mantua, e as súas obras cada vez presentan un maior manierismo.