Glockenspiel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O glockenspiel ou lira é un instrumento de percusión, idiófono que consiste nunha serie de lamelas metálicas dispostas cromáticamente que producen son ó ser golpeadas con unhas baquetas (normalmente de metacrilato, de metal ou de outro material duro que produza un son limpo). O son producido é parecido ao dunha campá.