Glosopeda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Esta enfermidade tamén se coñece como febre aftosa pero é diferente da febre aftosa que afecta sobre todo os meniños.
A glosopeda, gripo ou febre aftosa é unha enfermidade altamente contaxiosa e algunhas veces mortal que afecta ao gando e algúns animais salvaxes como elefantes e mesmo os ratos e que se manifesta en pequenas vesículas na boca e nos pezuños. Os seres humanos vense afectados moi esporadicamente por esta enfermidade.
O virus da febre aftosa foi a primeira especie de virus en ser descuberto, isto ocurriu en 1897, a última grande épidemia de glosopeda ocurriu no Reino Unido no ano 2001, as autoridades víronse obrigadas a sacrificar 7.000.000 de vacas, cabras e ovellas.