Goberno e política de España
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Goberno Español ten o seu principal regulación na Constitución española de 1978, no seu Título IV (e o V respecto da súa relación coas Cortes Xerais).
O Goberno dirixe a política interior e exterior, a Administración civil e militar e a defensa do Estado. Exerce a función executiva e a potestade reglamentaria de acordo coa Constitución e as leis. O Goberno componse do Presidente, dun ou máis Vicepresidentes, dos Ministros e dos demais membros que estableza a lei.
O Presidente dirixe a acción do Goberno e coordina as funcións dos demais membros do mesmo, sen prexuízo da competencia e responsabilidade directa destes na súa xestión. Os membros do Goberno non poderán exercer outras funcións representativas que as propias do mandato parlamentario, nin calquera outra función pública que non derive do seu cargo, nin actividade profesional ou mercantil algunha. O Presidente é elixido polo Congreso, a proposta do Rei. O resto de membros do Goberno, elíxeos o propio Presidente, nomeándoos o Rei. A actuación do Rei é simbólica.
Actual composición do executivo español:
- Presidente do Goberno: José Luis Rodríguez Zapatero
- Vicepresidenta Primeira e Ministra da Presidencia: Mª Teresa Fernández de la Vega
- Vicepresidente Segundo e Ministro de Economía e Facenda: Pedro Solbes Mira
- Ministro de Administracións Públicas: Jordi Sevilla Segura
- Ministra de Agricultura, Ganadería e Pesca: Elena Espinosa Mangana
- Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación: Miguel Ángel Moratinos Cuyaubé
- Ministra de Cultura: Carmen Calvo Poyato
- Ministro de Defensa: José Antonio Alonso Suárez
- Ministra de Educación e Ciencia: Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo
- Ministra de Fomento: Magdalena Álvarez Arza
- Ministro de Industria, Turismo e Comercio: José Montilla Aguilera
- Ministro do Interior: Alfredo Pérez Rubalcaba
- Ministro de Xustiza: Juan Fernando López Aguilar
- Ministra de Medio Ambiente: Cristina Narbona Ruiz
- Ministra de Sanidade e Consumo: Elena Salgado Méndez
- Ministro de Traballo e Asunto Sociais: Jesús Caldera Sánchez-Capitán
- Ministra de Vivenda: Mª Antonia Trujillo Rincón