Gondollín, Melide
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Martiño de Gondollín é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Melide. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 132 habitantes (68 homes e 64 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 151 habitantes.
[editar] Festas
As festas patronais celébranse en honor a San Martiño os dias 11 e 12 de novembro. As festas da Virxe do Carme celébranse o primeiro domingo de agosto.