Gonzalo Pizarro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gonzalo Pizarro (Trujillo 1511 - Cusco 1548) foi un conquistador español.
O menor dos irmáns Pizarro, foi o lugartenente do seu irmán Francisco na conquista española do Imperio Inca, loitou contra Diego de Almagro, nomeado gobernador de Quito en 1539 dirixiu ao ano seguinte unha desastrosa expedición cara o oeste na procura de El Dorado. Tras a morte do seu irmán Francisco opúxose ás Leis Novas, ditadas pola Coroa, grazas ás denuncias de Bartolomé de Las Casas, e ao primeiro vicerrei, Blasco Núñez Vela, púxose á fronte da rebelión dos encomendeiros, derrotado na batalla de Jaquijaguana foi decapitado.