Gran Premio do Reino Unido
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Circuíto de Silverstone é un autódromo localizado en Silverstone, Inglaterra, no cal se disputa o Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1. O primeiro Gran Premio da historia correuse alí, nun aeródromo inactivo desde a Segunda Guerra Mundial. As tres pistas de despegue, trazadas no clásico formato triangular da época, aínda poden apreciarse dentro do circuíto.
O Gran Premio do Reino Unido rotouse entre os circuitos de Silverstone, Aintree e Brands Hatch entre os anos 1955 e 1986, pero realízase permanentemente en Silverstone desde 1987. Parte do autódromo áchase en Northamptonshire e a restante en Buckinghamshire.
O 30 de setembro de 2004, o presidente do British Racing Drivers Club, Jackie Stewart, anunciou que a carreira non sería incluída no calendario provisional da tempada 2005 de Fórmula 1, e aínda que finalmente se correse, a mesma non se realizaría en Silverstone. No entanto, o 9 de decembro do mesmo ano acadouse un acordo con Bernie Ecclestone, o dono da Fórmula 1, segundo o cal o Gran Premio continuaría realizándose en Silverstone ata 2009.
[editar] Ligazóns externas
Páxina oficial do circuito (en inglés)