Graptolito
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os graptolitos son fósiles de animais en colonias que viviron entre o cámbrico superior e o carbónico inferior. Tiveron unha distribución mundial e son fundamentais para datar as rochas paleozoicas.
As colonias de graptolitos, denomidadas rhabdosome, constitúense a partir dun individuo inicial que se denomina sicula. Un estolón quitinizado constitúe o eixo central da colonia, que posúe un número variable de ponlas ou stipes. O estolón comporta unha serie de thecas, que é onde vivían os individuos que compuñan a colonia.