Grelo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O grelo é un sinónimo de xermolo que se aplica en moitas partes de Galicia exclusivamente ao gromo do nabo.
A apariencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores.
Emprégase para cociñar o caldo galego e outros platos típicos, como o lacón con grelos.
O grelo é comestíbel mentres está tenro. Cando abrocha a flor, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo, pois non amolece por moito que se coza.
Un bon sistema para saber se o grelo é mole ou non consiste en darlle un corte transversal no seu extremo. Se o centro está moi branco (branco neve) o grelo xa non é comestíbel a causa da súa dureza.
Hai que denotar a diferencia do grelo e as nabizas : estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.