Gumersindo Areán Rodríguez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gumersindo Areán Rodríguez, nado en 1898 en Pedroso, Rodeiro foi un aviador republicano galego.
Músico na súa xuventude, era membro da banda de Moimenta, Lalín. O servicio militar lévao a Tetuán. Reengancha no exército e vai ascendendo. Atraído pola aviación, fai o curso de metrallador-bombardeiro no aeródromo de Cuatro Vientos. Pasa a Escola de Carabanchel onde acada o título de piloto. En 1928 foi ascendido a suboficial. Realiza voos en África (ruta Tetuán-Larache) e o primeiro recorrido Tetuán-Madrid. Ao producirse a rebelión militar de 1936 mantense fiel á República que o nomea comandante do Exercito do Aire. Realizou varias misións victoriosas que lle valeron o sobrenome de “ave negra”. Foi instructor en Rusia para os novos pilotos do exército republicano, e xefe de escuadrilla de bombardeiros. Comandante dos aeródromos de Los Alcázares (Murcia) e La Zenia (Tarragona). En 1939 marcha ao exilio en Francia, e logo de pasar por diversos campos de concentración, remata no de Relizane (Alxeria). Logra reunirse coa súa familia en Orán e en outubro de 1942 embarcan cara a México, onde permaneceu ata a súa morte en 1974.