H. E. Bates
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Herbert Ernest Bates ou máis coñecido como H. E. Bates (1905 - 1974) foi un escritor inglés. Naceu en Rushden, Northamptonshire, estudou en Kettering. Despois de deixar a escola traballou como xornalista e como mozo de almacén. A maioría dos seus libros inspíranse na vida rural de Northamptonshire.
Aínda que se sabe que escribiu dúas novelas antes, a primeira que publicou foi The Two Sisters (1926). Durante a Segunda Guerra Mundial escribiu para a RAF novelas co alcume literario de Flying Officer X, aínda que a súa mellor novela bélica, Fair Stood the Wind for France (1944), escribiuna co seu propio nome.
Aínda que foi un autor coñecido en vida, o seu grande éxito chegoulle postumanente, coas adaptacións televisivas dos seus libros The Darling Buds of May e as súas secuelas, e My Uncle Silas.