Handley Page Halifax
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Handley Page Halifax | |
---|---|
![]() |
|
Halifax B Mk.II | |
Tipo | Bombardeiro |
Fabricante | Handley Page |
Primeiro vóo | 24 de setembro de 1939 |
Construídos | 6.176 |
O Handley Page Halifax foi un bombardeiro pesado británico usado na Segunda Guerra Mundial. O seu deseño procedía dunha especificación de 1936 que levaría tamén ao Manchester. Voou por primeira vez o 24 de setembro de 1939 e entraría en servizo en novembro de 1940. Non foi tan famoso como o Lancaster, pero tamén foi un bombardeiro nocturno moi importante para a RAF.