Hantilis II
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hantilis II, rei hitita, posíbel fillo do anterior rei Alluwamnas, sucedeu a Tahurwailis en circunstancias descoñecidas. O seu reinado forma parte do chamado Reino Medio Hitita ou período escuro.
Durante o goberno de Hantilis II, os kaska, bárbaros do Ponto, invadiron por primeira vez o imperio hitita, conquistando Tiliura e Nerik, esta última moi importante desde o punto de vista relixioso. Hantilis II, do mesmo xeito que Tahurwailis, renovou a alianza que Telibinus asinou con Kizzuwatna.
Foi sucedido por Zidantas II, cuxa relación familiar con Hantilis se descoñece.
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Tahurwailis |
Hantilis II (-?--?) |
Precede a: Zidantas II |
- |