Harbin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cidade de China capital da provincia de Heilongjiang no norte de Manchuria, na beira sur do río Songhua, afluente do Amur. A municipalidade de 53.775 Km2 conta con 9.462.300 habitantes dos que 4.642.400 corresponden a cidade propiamente dita.
Fundación rusa coma estación do ferrocarril entre Vladivostok e Dairen en 1898, é hoxe un importante centro industrial e nudo de comunicacións.
As súas raigames influenciaron a súa arquitectura e cultura idiosincrásica ata o punto de recibir o alcume de "Moscova de Oriente".
Tamén, debido a dureza do clima norteño que soporta, e coñecida polo seu Festival Internacional de Neve e Xeo no que todolos anos preséntanse incribles esculturas talladas no auga conxelada.