Harold Pinter
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Harold Pinter (Hackney, Londres, 10 de outubro de 1930) é un dramaturgo e guionista cinematográfico británico. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 2005.
Harold Pinter introduciuse no mundo do teatro como actor. A súa primeira peza foi O cuarto (The Room, 1957), con un único acto. Despois escribiu moitas comedias, como A festa de cumpreanos (The Birthday Party, 1958), O guardián (The Caretaker, 1960), O montacargas (The Dumb Waiter, 1960) ou Retorno ao fogar (The Homecoming, 1965).
Dedicouse tamén intensamente á radio e a televisión: A colecta (The Collection, 1961), O amante (The Lover, 1963) e colaborou co director J. Losey. Entre as súas obras recentes están Vellos tempos (Old Times, 1971), Terra de ninguén (No Man's Land, 1975), Traición (Betrayal, 1978) e O Invernadoiro (The Hothouse, 1980), Linguaxe da montaña (Mountain Language, 1988), Luar (Moonlight, 1993) E en pó te convertirás (Ashes to Ashes, 1996) e Conmemoración (Celebration, 2000), nas que alternan momentos sombríos e momentos de farsa.
Vellos tempos está traducida ao galego.
O teatro de Pinter ten como referentes a Kafka, Samuel Beckett e o teatro do absurdo. Os protagonistas padecen as neuroses do home contemporáneo e ocultan os seus sentimentos. A linguaxe é coloquial e está chea de ambigüidades, pausas e silencios, ademáis da sensación de inadecuación expresiva.
Harold Pinter é tamén un activista político, crítico coa Guerra de Iraq, os gobernos de George W. Bush e Tony Blair, o tratamento turco dos curdos e defensor de Fidel Castro e Slobodan Milosevic. Unha boa mostra da súa ideoloxía pode verse no seu polémico discurso de aceptación do Nobel.
[editar] Ligazóns externas
- Sitio web oficial (en inglés)
- Páxina do Premio Nobel