Harry S. Truman
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Harry S. Truman | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Harry S. Truman | ||
Data de nacemento: | 8 de maio de 1884 | ||
Lugar de nacemento: | Lamar (Missouri), Estados Unidos | ||
Data de falecemento: | 26 de xaneiro de 1972 | ||
Lugar de falecemento: | Kansas City, Estados Unidos | ||
Partido político: | Partido Demócrata | ||
Cargo(s): | Vicepresidente dos Estados Unidos de America (1944 - 1945) Presidente dos Estados Unidos de América (1945 - 1953) |
||
Profesión: | Político e granxeiro |
Harry S. Truman', presidente dos Estados Unidos -polo Partido Demócrata- dende 1945 ata 1953.
Naceu o 8 de maio de 1884 e morreu o 26 de xaneiro de 1972. As estatísticas mostran que Truman é o "presidente do século", pola súa aceptación, popularidade entre a clase media americana e o bó recordo que deixou o seu mandato. Chegou a presidente por se-lo vicepresidente de Franklin Roosevelt, que morreu no exercizo do cargo. No verán de 1945 aprobou o emprego de armas atómicas contra o Xapón en dúas ocasións, dando fin á Segunda Guerra Mundial. Durante o seu mandato tivo lugar a Guerra de Corea, antesala da longa loita que terían os EUA contra o comunismo no curso da Guerra Fría. Sucedeulle o heroi de guerra Dwight D. Eisenhower, que fora Comandante Supremo do Exército Aliado en Europa.
Presidente dos Estados Unidos | ||
---|---|---|
Segue a: Franklin D. Roosevelt |
Harry S. Truman (1945-1953) |
Precede a: Eisenhower |
Partido Demócrata (Estados Unidos) |