Heinz Guderian
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xeneral de blindados alemán. Ideólogo do Blitzkrieg (Guerra Lóstrego), no seu libro Achtung Panzers! ("¡Coidado, tanques!")
Naceu en Klum (Alemaña, hoxe Polonia) o 17 de xuño de 1888.
1901-1907 Academia Militar de Berlín.
1908, Segundo Tenente no batallón Jäger nº10, ás ordes do seu pai.
1913 cásase, terá dous fillos que se incorporarán ó exército.
1915, capitán, especialízase no uso da radio.
1918, rematada a I Guerra Mundial, pasa a formar parte do Alto Estado Maior do Reichwehr.
1924-1935 escribe numerosos artigos sobre a guerra mecanizada no Military Weekly.
1930, asume o mando do 3ºBatallón prusiano de Transporte Motorizado. Parte dos carros blindados deste batallón son maquetas de madeira. Guderian adestra ós seus oficiais con motocicletas e camións. Ascende a tenente coronel.
1931 ascende a coronel.
1933, Hitler rechaza o Tratado de Versalles e ordea a formación de tres divisións blindadas. Guderian pasa a comanda-la segunda. Agora é Maior Xeneral.
1938, xa como Tenente Xeneral, conduce o XVI Corpo do Exército da Wehrmacht a Austria e Checoslovaquia.
1939, é nomeado Xeneral de tódalas Panzertruppen, será o responsable do reclutamento, adestramento e equipamento de tódalas unidades motorizadas. Na invasión de Polonia recebe a Cruz de Ferro de Primeira clase e a Cruz de Cabaleiro.
1940 os carros blindados alemáns que entran en Francia por Sedan levan unha grande "G" pintada na blindaxe.
1941 comanda o II Exército Panzer, recibe as Follas de Roble para a súa Cruz de Cabaleiro. É relevado do servicio activo tras ter diferencias de opinión co seu superior, Mariscal de Campo von Kluge.
1943 Hitler chámao para formar un grupo de traballo con Albert Speer, Ministro de Armamento. Comeza a incrementarse a producción de tanques.
1944, decembro, en tres semanas Alemaña produce tantos tanques como en todo 1939.
1945 por desacordos con Hitler, é novamente relevado. Trala rendición alemá, os Aliados deciden non xulgalo en Nuremberg como criminal de guerra.
1948 sae da prisión de Allendorf e volta coa súa familia.
14 de maio de 1954 morre en Schwangau bei Fussen (RFA).