Heriberto Quiñones
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Heriberto Quiñones González (1907 - 1942), albanel e militante comunista executado polo réxime franquista.
[editar] Biografía
Non se lle coñece o seu nome verdadeiro nin a súa procedencia (especúlase que procede de Besarabia, en territorio desputado entre a URSS e Romanía).
Antes do ano 1936 fora detido en varias ocasións polas súas actividades revolucionarias. Durante a Guerra Civil española tomou parte en Valencia do Comité Provincial do Partido Comunista. Trala fin da guerra foi detido e internado no campo de concentración de Albatera e posteriormente nun cárcere en Valencia, mais foi liberado polo avanzado da súa tuberculose. Foi detido varias veces máis pola súa actividade clandestina. En 1941 trasládase a Madrid onde se converteu no responsable e organizador nacional do PCE na clandestinidade. Máis existe contra el un forte rexeitamento, sobre todo polos comunistas exiliados. Así o partido viuse afectado polas purgas e o propio Heriberto Quiñones foi acusado de traidor, delator e axente británico. Mais non só o acusaron, senón que un compañeiro o delatou e foi detido o 30 de decembro de 1941. Nos cárceres franquistas foi torturado salvaxemente, aínda que non confesa nin o seu domicilio, quebrándolle a columna. No cárcere entérase de que foi expulsado do Partido Comunista. No seu consello de guerra recoñeceu orgulloso ser o máximo dirixente do PCE no interior. É condeado a morte e fusilado o 2 de outubro de 1942 contra as tapias do Cemiterio do Leste de Madrid sentado nunha silla, ó non poder terse en pé debido as torturas franquistas. As súas derradeiras palabras foron "Viva la Internacional Comunista". Xunto a el foron fusilados os seus axudantes na dirección do PCE, Luis Sendín e Ángel Cardín.
Non foi rehabilitado no PCE ata o ano 1986, xa que lle acusaban de traidor e "carroña infiltrada".
[editar] Ligazóns externas
- Heriberto Quiñones na Historia do PCE (castelán)
- Heriberto Quiñones na guerrilla (castelán)