Hervé Bazin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hervé Bazin (alcume literario de Jean-Pierre Hervé-Bazin) (Angers, 1911 - 1996) foi un escritor francés. Foi presidente a Academia Goncourt dende 1973
Naceu no seo dunha familia burguesa e xa na infancia opúxose á súa autoritaria nai, fugouse varias veces na súa adolescencia e rexeita o ensino católico. Cando chega á maioría de idade rompe coa súa familia.
En 1946 fundou unha revista poética, Le Coquille, da que só sairon oito números. O seu primeiro poemario, Jour, obtén o premio Apollinaire, tras publicar varios poemarios decántase pola narrativa por consello de Paul Valéry. A súa primeira novela, Vipère au poing (1948), baséase na relación coa súa nai. A novela tivo un éxito inmenso e séguenlle outras, tamén baseadas na súa propia vida e centradas na rebeldía xuvenil e en familias desestruturadas.