Hispania Citerior
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
No ano -197 a península Ibérica, entón coñecida polos romanos como Hispania, foi subdividida nas provincias Hispania Citerior e Hispania Ulterior. A Ulterior estaba localizada no sueste, en tanto que a Citerior estaba ao oeste. O norte da península, o territorio entre os Pireneos e a Galia só serían conquistados no tempo dos Césares. Na provincia da Hispania Citerior existían as cidades de Tarraco (Tarragona), Saguntum (Sagunto ao norte de Valencia) e Carthago Nova (Cartagena) todas na costa, e Ilerda (Lleida) no interior da península. No ano -27 Augusto mudou o nome da Hispania Citerior a Hispania Tarraconensis ou abreviadamente Tarraconensis, converténdoa, xuntamente coas outras, nunha provincia imperial.