Honorato III de Mónaco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Honorato III foi príncipe reinante de Mónaco de 1733 a 1795. Fillo de Louise Hippolyte Grimaldi, Princesa de Mónaco, filla de Antonio I Grimaldi e de Jacques I de Mónaco, naceu o 10 de novembro de 1720. Casou en 1757 con Marie Catherine de Brignole, de quen naceu o futuro Honorato IV de Mónaco. Morreu o 21 de marzo de 1795 en París.