Honorato V de Mónaco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Honorato V foi príncipe rexente de Mónaco de 1815 a 1819, e príncipe reinante desde o 16 de febreiro de 1819. Fillo de Honorato IV e de Louise Félicité Victoire d'Aumont, duquesa de Mazarin e da Meilleraye, naceu en París o 4 de maio de 1778. Tivo unha filla ilexítima que pasado o tempo chegou a recoñecer, pero nunca casou. Morreu na capital francesa o 2 de outubro de 1841.