Humphry Davy
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Humphry Davy (Penzance 1778 – Xenebra 1829) foi un químico córnico.
Profesor da Royal Institution of Great Britain dende 1801, foi tamén presidente da Royal Society (1820-1827).
En 1800 Alessandro Volta presentou a primeira batería eléctrica e Davy empregouna para separar sales nun proceso coñecido hoxe como electrólise, con varias baterías en serie conseguiu separar o potasio e o sodio en 1807 e calcio, estroncio, bario e magnesio en 1808. Davy tamén estudou as enerxías envolvidas na separación destes sales, o que hoxe se coñece como electroquímica.
En 1812 casou cunha viúva rica, logo dunha viaxe por varios países europeos, inventou a lámpada que leva o seu nome, empregada para evitar as explosións de grisú nas minas.
En 1813 publica Elements of agricultural chemistry in a course of lectures for the board of agriculture