Hutu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hutu é o nome dado a un dos tres grupos étnicos que ocupan Burundi e Ruanda. Os hutu son o maior grupo dos tres. O 90% dos ruandeses e o 85% dos burundeses son hutu. Culturalmente trátase dunha división artificial, baseada máis na clase social que na etnicidade, dado que non hai diferencias lingüísticas ou culturales entre os hutu e os demais grupos étnicos da zona, principalmente os tutsi. Históricamente, sen embargo, había diferencias físicas, principalmente na altura media. Os hutu e os tutsi comparten a mesma relixión e linguaxe (son católicos e de idioma bantú). Algúns estudosos sinalan tamén o importante papel que teñen os colonizadores belgas en crear a idea dunha raza hutu e unha raza tutsi.
Os hutu chegaron á rexión dos Grandes Lagos ao redor do século I d.C., desprazando aos Twa. Os hutu dominaron a zona cunha serie de pequenos reinos ata o século XV. Crese que nesa época entraron os tutsi na zona dende Etiopía e conquistaron aos hutu. A monarquía tutsi sobrevivíu ata o fin da era colonial nos anos cincuenta, usando e codificando os gobernantes belgas a división étnica para apoiar o seu dominio. A monarquía tutsi caíu cedo e a zona foi dividida en Ruanda e Burundi en 1962. Os tutsi, sen embargo, permañeceron dominantes en Burundi mentres que os hutu gañaron un certo grao de control en Ruanda.