Hydrophiidae
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Hidrófidos
A familia Hydrophiidae (lat. "serpe de auga") é a que corresponde as serpes mariñas, anque, para moitos autores, en todo caso é unha subfamilia dos Elapidae. Son serpes de pequena talla (non superior ós 80/90 centímetros polo xeral), de corpos aplanados para nadaren mellor e cun potentísimo veleno, xa que os peixes dos que se alimentan deben perecer case instantáneamente, polo risco de perde-la presa para elas.