Ignacio Ramonet
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ignacio Ramonet Míguez (Redondela - 5 de maio de 1943 - ) é un xornalista especializado en relacións internacionais e globalización asentado en Francia.
Viviu súa infancia en Tánxer. Estudou enxeñaría en Bordeos, Rabat e París, e socioloxía na Escola de Altos Estudios Sociais de París. Interesado polo cine, traballou preto de Roland Barthes e Christian Metz, doutorándose en Semioloxía e Historia da Cultura, así coma catedrático de Teoría da comunicación. Escribe en Cahiers du Cinéma e crítica de cine en Libération. Na actualidade dirixe Le Monde Diplomatique (dende a súa fundación) e Manière de voir. É un dos principais pensadores críticos co proceso de globalización.
Cofundador de Attac, movimento internacional para o control democrático dos mercados financieros e das súas institucións- (creado nunha reunión internacional en París durante o 11 e 12 de decembro de 1998) e de Media Watch Global (13 de maio de 2002) resultado das conclusións do II Fórum Social Mundial de Porto Alegre do que foi promotor.
Profesor da teoría da comunicación na Universidade Denis-Diderot (París VII). Foi profesor invitado das universidades Carlos III (Madrid), Buenos Aires, Valencia, San Petersburgo, Cuba, Porto Rico, Santo Domingo, etc. É doutor 'honoris causa' pola Universidade de Santiago de Compostela.
[editar] Publicacións
- 1997 (reeditado en 1999) : Géopolitique du chaos (Xeopolítica do caos), Editions Galilée
- 2000 : Propagandes silencieuses. Masses, télévision, cinéma (Propagandas silenciosas. Masas, televisión, cine)
- 2000 : Como nos venden a moto, con Noam Chomsky
- 2001 : La tyrannie de la communication (A tiranía da comuniación)
- 2002 : Guerres du XXIe siècle - Peurs et menaces nouvelles (Guerras do século XXI)
- 2004 : Abécédaire partiel et partial de la globalisation, con Ramón Chao e Wozniak
- 2005 : Irak: Histoire d'un désastre (Iraq: Historia dun desastre)
- Fidel Castro: biografía a dos voces o Cien horas con Fidel
- La Golosina visual
- Marcos, la dignidad rebelde
- Un mundo sin rumbo
- Rebeldes, dioses y excluidos
- La post-televisión