Illa de Alborán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Illa de Alborán é un illote español, do mar Mediterráneo de orixe volcánica, situada entre o litoral andaluz e o norte de África, a uns 92,6 quilómetros do litoral de Almería. A 100 metros dirección NL sitúase o Illote da Nube e outro pequeno roquedal. No centro da illa hai unha canle subterránea que a traspasa dun lado a outro e é navegable con bo tempo denominado Cova das Morenas.
O nome de Alborán procede do corsario tunecino Al-Borany, quen utilizou este illote como lugar de refuxio e fondeadeiro para o asalto de navíos mercantes en augas do Estreito de Xibraltar, e como plataforma de lanzamento de ataques contra as costas almerienses. Nas súas proximidades, o 1 de outubro de 1540 produciuse a Batalla da Illa de Alborán, unha das primeiras accións da Armada española. Administrativamente, na actualidade a Illa de Alborán pertence ao concello de Almería e concretamente ao distrito almeriense do barrio de Pescadería.
Debido ao seu gran valor estratéxico, a mediados dos anos 1960 producíronse varios intentos de supostos barcos de pesca soviéticos de establecer un asentamento estable en Alborán, o que motivou ao exército español a establecer na illa un destacamento permanente de Infantería de Mariña para o control e protección da mesma. Entre as escasas construcións existentes, hai que sinalar o faro (actualmente automatizado). Aínda que resulte sorprendente a illa conta tamén cun campo de fútbol e un cemiterio. Situada nunha importante zona sísmica na que choca a placa africana coa europea, en Alborán sitúanse os epicentros dun bo número de sismos de baixa intensidade. En 1899 descubriuse nela un novo mineral que recibe o nome de Alboranita.
A illa e o seu entorno foi declarada Reserva Mariña e Reserva de Pesca en 1997 e no 2003, o Parlamento andaluz aprobou por unanimidad a Lei de Declaración do Paraxe natural de Alborán, o illote da Nube e as augas e fondos mariños que a rodean.