Inca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lema do imperio : Ama suwa, ama chulla, ama qilla (Non sexas ladrón, non sexas mentireiro, non sexas folgazán) |
|
Lingua oficial | Quechua |
Capital | Cusco |
Soberáns | 12 (dinastías Urin Cusco e Hanan Cusco) |
Superficie | 2.000.000 Km² |
Poboación | arredor de 15 millóns |
Establecimento | 1250 |
Disolución | 1548 |
O Imperio Inca foi a berce da civilización inca, unha das tres grandes civilizacións de América, que apareceu no século XIII e foi disolto no século XVI.
Unificou ás máis diversas culturas da América do Sur preinca e con elas constituiu o imperio máis extenso do continente americano. A súa historia e cosmovisión, unificadoras de todos os pobos do mundo coñecido, permitiu facer un paralelo entre o Imperio Inca e o Imperio Romano pola súa traxectoria cultural e a súa pluralidade.
O seu centro foi o que agora se coñece como a República do Perú e a súa capital o Cusco, o embigo do mundo. O idioma oficial no Imperio Incaico era o quechua ou runasimi, a lingua dos homes. Sábese, ademais, que entre a nobreza falábase o puquiña como lingua segreda, chamada incasimi por ser o idioma orixinario desta etnia. Más tarde foi considerada como a lingua dos dioses pola crenza de que a familia real descendía directamente deles.
Índice |
[editar] Territorio, Expansión e Conquistas
O Imperio Incaico abranguía, no seu período de apoxeo (para 1532), unha parte significativa das actuais repúblicas de Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile e Arxentina, con case 9.000 kilómetros de costa sobre o Océano Pacífico e un territorio de máis de 2 millóns de km². Atribúese a máxima expansión aos grandes conquistadores Incas Pachacútec e Túpac Yupanqui.
Para o norte, o Imperio Incaico estendíase ata o río Ancasmaio, ao norte da actual cidade de Pasto (Colombia).
Para o noreste, estendíase ata a selva amazónica das actuais repúblicas de Perú e Bolivia, chegando a ser moi pouco nítidos os seus límites con ésta debido ás esporádicas expedicións de exploración da selva por parte dos habitantes do Imperio.
Para o sueste, o Imperio Incaico chegou a cruzar a cordilleira dos Andes (o que en xeopolítica moderna se coñece como "encabalgarse") chegando un tanto máis aló do que agora son as cidades de Salta e Tucumán na actual Arxentina. O territorio inca da República Arxentina abranguía as actuais provincias de Mendoza, San Juan, San Luis, Córdoba, La Rioja, Catamarca, Tucumán, Santiago del Estero, Salta e Jujui.
Para o sur, existen probas de que o Imperio Incaico chegou a abranguer ata o río Biobío (actual rexión VIII de Chile), e aínda máis aló, onde debido ao frío imperante decidiron non avanzar máis, deixando ese mínimo anaco de territorio para os araucanos, orixinarios desas terras, a quen os Incas desprazaran desde a súa posición orixinal no que agora é a cidade de Santiago de Chile.
Para o oeste, se ben o Imperio Incaico limitaba co Océano Pacífico, hai quen argumenta que os Incas chegaron a manter, a pesar das limitacións navais da época, certa relación comercial con algún pobo da lonxana Polinesia (Oceanía), aínda que actualmente descoñecese cal pobo sería éste. Unha das persoas que defendeu esta teoría foi o difunto explorador difusionista noruegués Thor Heyerdahl)
[editar] Organización territorial
O imperio consisteu en catro grandes rexións (suyos), que formaban no seu conxunto o Tahuantinsuio. Cada suyo estaba a cargo dun suyuyuq, que formaban parte do Concello Imperial.
O grupo Hanan (Alto), composto polos suyos:
- Chinchaysuio: ao largo da costa de Ecuador e a maior parte da costa do Perú.
- Collasuio: máis da mitade de Chile, oeste de Arxentina, noroeste de Bolivia, e pequena parte ao sueste do Perú.
O grupo Urin (Ballo), composto polos os seus:
- Antisuio: ao noreste, limitando coa selva amazónica.
- Contisuio: rexión moito máis pequena que as outras tres ao sur do Perú (actuais Arequipa, Moquegua e Tacna).
Cada suyo, aa súa vez, se subdividía en provincias (huamanis) correspondentes ao área de cada grupo étnico. Estes, aa súa vez, se subdividían en sayas. Cada saya incluía un número determinado de familias (ayllus).
[editar] Política
O tipo de goberno era monárquico teocrático, no que o emperador recibía o título de Sapa Inca. O criterio de formación do Imperio Inca estaba baseado na territorialidade, o mesmo que posteriormente formou parte da base xurídica do Imperio Español que, en resumidas contas, era unificar as catro grandes partes do mundo coñecido (que é a etimoloxía de Tahuantinsuio, nome da unidade política, equivalente ao Imperio europeo) no embigo do mundo (que é a etimoloxía de Cusco, a capital).
[editar] Emperador (Inca)
Template:AP
A estes gobernantes, aos que se lles atribuía unha orixe divina, acostuma asociarlles os títulos de Apu (Apu Inca) e Sapa (Sapa Inca): Diviño Inca e Único Inca, respectivamente.
A capaccuna era a lista oficial de gobernantes da civilización Inca. Especulase que existiron máis gobernantes dos que ésta acepta e que varios foron borrados da historia oficial do Imperio por distintos motivos, aínda que é improbábel. En total, foron 12 os emperadores Incas.
Contrario ao que se coida, Atahualpa (que gobernou de facto o Imperio Inca entre 1532 e 1533) non forma parte da capaccuna, xa que, a diferencia dos demáis emperadores, nunca chegou a cinguir a mascaipacha (coroa imperial), único símbolo de poder imperial no Tahuantinsuio, otorgado polas panacas reais do Cusco. Por tanto, é impropio chamarlle "Sapa Inca" a Atahualpa, como algunhas veces se lle titula.
[editar] Consello Imperial
Máximo organismo adicado á asesoría do Inca. Integrado por oito persoas:
- Suyuyuq. Gobernadores dos suyos. Eran catro en total.
- Auqui. O príncipe heredeiro. A tradición do auqui foi instaurada por Pachacútec Inca Yupanqui, sendo así Túpac Inca Yupanqui o primeiro auqui.
- Huillaq Uma Supremo sacerdote.
- Un dos Amautas, maestros e formadores da nobreza.
- Apusquipai. Xeneral do exército imperial.
[editar] Cultura
Poden salientarse unhas características da súa civilización:
- Organización do goberno
- Sistema de contas gracias aos quipus
- Redes de comunicación desenvolvidas.
- Sistema de rego (que se segue copiando noutros países, como China).
- Agricultura bastante desenvolvida
- Avanzada astronomía.
- Medicina avanzada.
[editar] Filosofía comunitaria
Unha parte das terras cultivadas eran adicadas ao estado, ao Inca e a persoas que non podían traballar como os ancianos ou minusválidos. Había abondancia de produtos agrícolas como para alimentar sanamente a todo o Imperio Incaico.
[editar] Sociedade
[editar] As Panacas
As panacas eran descendentes directos dun Inca reinante, excluíndo o sucesor e conservaban a momia do Inca falecido ao igual que as súas memorias, facendo uso de quipus, cantares e pinturas de xeración en xeración.
Panaca | Inca |
---|---|
Chima panaca | Manco Cápac |
Raura panaca | Sinchi Rocha |
Awayni panaca | Lloque Yupanqui |
Uscamayta panaca | Mayta Cápac |
Apu Mayta Cápac panaca | Cápac Yupanqui |
Estas panacas reais, formaban, xunto cos ayllus, a élite cuzqueña. Tiveron un rol na política do incanato, sendo as súas alianzas e enemistades cruciais para a historia da capital inca. Dise que houbo outras panacas, as cais tiveron un papel importante en épocas anteriores. Unha nota curiosa sobre das panacas, é que se se lle engaden as panacas tradicionais, obténse un total de 8 panacas por cada dinastía, o cal é un número frecuente na organización andina dos ayllus por ser un múltiplo da dualidade e da cuadriplicación.
Panaca | Inca |
---|---|
Wikak'iraw panaca | Inca Rocha |
Awkaylli panaca | Yahuar Huaca |
Suqsu panaca | Wiracocha |
Hatun ayllu | Pachacútec Inca Yupanqui |
Cápac ayllu | Túpac Yupanqui |
Tumipanpa panaca | Huayna Cápac |
[editar] Historia
Template:AP
[editar] Orixe
[editar] Mito de Manco Cápac e Mama Ocllo
Segundo o Inca Garcilaso da Vega, o mito conta que Manco Cápac e Mama Ocllo sairon do lago Titicaca como unha parella divina e foron ao norte no afán de hallar o valle "escoxido". Ao chegar ao cerro Wanakawri (ou Huanacaure), cerca do que sería un día Cusco. A vara máxica que poseía o primer Inca se hundeu no solo. Era o sinal agardado, alí fundarían o Estado. Con esta parella de héroes civilizadores viñeron a orde, a cultura e mailas artes, e era o mesmo Sol o que infundía calor e poder aos seus fillos.
Considerase que este mito puido ser alterado por Garcilaso para ser amosado aos europeos.
[editar] Mito dos Irmáns Ayar
Cóntase que os irmáns Ayar sairon da cova Pacaritambo(Posada da Producción, Posada do Amanecer ou Casa do Agachamento), no cerro Tambotoco. Este cerro poseía tres ventás:
- Maras Toco do que proviña o grupo dos maras, os cais foron unha xeración sen pais(pico).
- Sutic Toco da que procede o grupo de tampus
- Capac Toco da que sairon 4 irmáns: Ayar Uchu, AyarAuca, Ayar Cachi e Ayar Manco.
Estes catro irmáns estaban acompañados por catro irmás: Mama Ocllo, Mama Huaco, Mama Raua e Mama Ipacura. As catro parellas buscaron polos andes un lugar propicio para establecerse.
Debido a temores de que Ayar Cachi tiña poderes máxicos (derribar cerros ca súa honda ou crear quebradas) os tres irmáns desfixeronse deste convencéndoo que regrese ao Pacaritambo para que trouxera algunhas cousas que se lle esqueceran. Unha vez dentro da cova, a entrada foi bloqueada.
Logo de anos de búsqueda, os irmáns chegaron a Quirirmanta en onde celebraron un concello ao pe dun cerro. No concello decidiron que Ayar Uchu ficaría no lugar transformado nunha huaca, que recibiría o nome de Huanacauri. Esta transformación era un xeito de perpetuar a divinidade ou sacralizar a unha personaxe, mais deste xeito, transformado en huaca, non podía comunicarse cos outros irmáns seus.
Ao chegar ao pobo de Matagua, Ayar Manco lanzou dous varas de ouro para o norte, unha caeu en Colcabamba, mais debido á dureza da terra, a vara non se cravou no chan. A outra vara chegou a Guayanaypata. Foi neste lugar onde atoparon resistencia por parte dos seus poboadores, polo que tiveron que tornar a Matagua. Xa en Matagua, Ayar Manco ordenou a Ayar Auca poboar o lugar indicado pola vara. Auca voou para dito lugar, cumprindo a orde do seu irmán. Ao pisar o chan, Ayar Auca convertiuse en pedra. Segundo as crenzas andinas, as guancas ou pedras eran indicadores de posesión.
Deste xeito Ayas Auca convertese no primeiro poboador do lugar tan desexado. Ayar Manco pasou a se chamar Manco Cápac
[editar] Os Chancas
Situada entre os ríos Pampas e Pachachacas foi unha das culturas que se impuxo, aínda que non por moito tempo, ao poderío Inca. Lamentabelmente non hai unha data exacta sobre as batallas.
Sen embargo, a máis importante foi documentada por Juan de Betanzos, quen casou coa Ñusta Añas Colque (princesa Inca). Betanzos recolleu cantares da familia da Ñusta. Dise que os Chancas dividironse en 3 grandes bandos, un deles dirixiuse ao Contisuio, liderado por Malma e Irapa. O segundo exército dirixiuse ao Antisuio, guiados por Yá Vilca e Toquelo Vilca. O terceiro bando dirixiuse directamente para o Cusco, conducido por Tumai Waraca e Astu Huaraca. Cando os Chancas chegaron a Vilcacunga, enviaron mensaxeiros ao Cusco facendo saber as súas intencións para cos Incas, ao enterarse disto, o Inca Viracocha fuxiu para o forte de Caquia Yaquiyaguanta, levando consigo aos seus fillos Urco e Socso.
En o Cusco quedou Cusi Yupanqui (antigo nome de Pachacútec), quen era un suposto fillo de Viracocha. Yupanqui se quedou cos seus xerais e sirventes. Pachacútec enveu a 3 emisarios a pedir axuda aos curacas veciños os cais negaron axuda algunha debido aos temores para os Chancas. A pesar da negativa doutras curacas, a de Chañan Cury Coca axudou a Yupanqui. Xuntos crearon un foxo coberta de ramas e terra arredor da cidade. Á madrugada seguinte, os Chancas descenderon do cerro Carmenca de sópeto, caíndo pouco a pouco na trapa.
Segundo o mito, nun momento crucial da batalla, os purucaucas pasaron de ser simples pedras a feros soldados responsabeis da victoria dos Incas. A fama foi tal, que algunhas curacas rendíanse polo so temor de ter que se enfrontar a tal inimigo.
Logo da victoria, Yupanqui perseguiu os seus enemigos para se apoderar do seu estandarte. Os Chancas recuaron ata Ichopampa. Os curacas viciños ao Cusco ficaran no cumio dos cerros aledanos á espera do resultado. Ao ver que o exército de Yupanqui iniciaba a persecución, estas curacas unironse ás forzas victoriosas. A segunda batalla tivo lugar en Ichopampa en onde os dous xefes Chancas foron asasinados co que o exército Inca, xunto coas outras curacas viciñas unidas a estes desexosos de victoria, apoderaronse dun valioso motín, e consecuentemente abrindo o paso a un importante desarrollo do Imperio Incaico.
[editar] Datas importantes
- 1250. Data probábel na que os míticos Manco Cápac e Mama Ocllo ocupan o vale do Cusco, e se transforman nos primeiros incas.
- 1438. Cusco é posta en perigo pola invasión dos chancas, pobos da serra central peruana. O inca en funcións (Huiracocha) renuncia, mais o seu fillo Pachacútec toma o seu lugar e vence en batalla. É o último gran perigo na historia do Imperio Inca.
- 1463. Absorción do Reiño Chimú a máns dos incas. O ámbito andino completo é unificado baixo tutela incaica.
- 1527. Ao falecimento de Huayna Cápac, a consecución imperial queda entre Atahualpa e Huáscar. Estoupa a guerra civil. Francisco Pizarro, en tanto, aparece polo norte.
- 1533. Atahualpa vence a Huáscar. Francisco Pizarro captura e executa a Atahualpa. En os anos seguintes estoupará a rebelión.
- 1548. Terminan as guerras civís entre españois, e comenza a hexemonía española propiamente tal. Os últimos focos de resistencia incaica serán suprimidos nos anos seguintes (para 1572).
[editar] Véxase tamén
- Tawantinsuyu
- Conquista española do Imperio Inca
- Camiños do Inca
- Civilización inca
- Cusco
- Mitoloxía inca
- Perú
- Rexión Cusco
- Tahuantinsuio
- Virreinato do Perú
- Os incas de Vilcabamba