Inflatoplano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O inflatoplano foi un avión experimental inflábel deseñado pola empresa estadounidense Goodyear. Aínda se pode ser contemplar no museo da aviación militar de Alabama.
Recentemente se retomou esta idea, combinándoa con novos materiais intelixentes, permitindo a concepción de alas inflábeis que poden variar a súa forma e tamaño para axeitar as súas propiedades aerodinámicas ás necesidades de cada momento.
Outra liña de investigación inclúe o uso de materiais que mediante certas reaccións fisico químicas poden pasar de ser flexíbeis a ríxidos, permitindo así que o avión, unha vez inflado, poida converterse en ríxido.