Iota
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome da novena letra do alfabeto grego (ἰῶτα); equivale ao /i/ e ao /i:/. Minúscula ι, maiúscula Ι. Adoita transcribirse como i. Provén da letra do alfabeto fenicio yōd, que representaba unha semivocal soante prepalatal, son inexistente en grego, o que propiciou a adaptación do signo á vocal /i/. Como signo numérico representaba o dez. En maiúscula serve tamén para designar o noveno canto da Ilíada de Homero e en minúscula o noveno da Odisea.
En canto ao chamado iota subscrito ou mudo ver o apartado correspondente do artigo Diacríticos do alfabeto grego.
[editar] Véxase tamén:
Alfabeto grego |
Alfa - Beta - Gamma - Delta - Epsilon - (Digamma) - Dseta - Eta - Theta - Iota - Kappa - Lambda - Mi - Ni - Xi - Omicrón - Pi - (San) - (Qoppa) - Rho - Sigma - Tau - Ipsilon - Fi - Khi - Psi - Omega - (Sampi) |