Ivar Andreas Aasen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ivar Andreas Aasen (5 de agosto de 1813 - 23 de setembro de 1896), foi un filólogo noruegués.
Naceu en Ørsta, no seo dunha familia campesiña. A partir de 1836 os seus esforzos foron para crear unha lingua literaria norueguesa independente e nacional, no 1841 comeza un estudo sistemático do seu dialecto local. Posteriormente, Aasen, viaxa por toda Noruega para estudar os diferentes dialectos populares coa idea de fundar unha verdadeira lingua escrita norueguesa que substituira ao danés. O seu traballo é a orixe do actual nynorsk, que foi o primeiro en empregar de forma literaria.
Morreu en Oslo, honrado polo Parlamento noruegués como pai da lingua norueguesa.
[editar] Obras
- 1841 Den søndmørske Dialekt(O Dialecto de Søndmørske)
- 1848 Det norske Folkesprogs grammatik (Gramática da lingua popular norueguesa)
- 1850 Ordbog over det norske Folkesprog (Dicionario da lingua popular norueguesa)