Izarguien
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Izarguien é unha tribo tekna que habita no Sahara Occidental, entre o río Dra e o norte de Bojador.
Aínda que son de orixe bérber falan dende hai séculos o hassaniya Considéranse descendentes de Sidi Ahmed el Azargui, que segundo a tradición en 1598 chegou dende Marrocos.
A fins do século XIX loitaron con éxito contra os Ait Usa, que dende Marrocos pretendían establecerse no territorio e contra contra a tribo tekna de Ait Musa u Ali, que recibía axuda do sultán de Marrocos.
Divídese en tres fraccións: Echtuqui, El Guerrah e Ait Said.
Tribos do Sahara Occidental | |
---|---|
Ahel Berikallah | Arosien | Erguibat | Filala | Izarguien | Toubalt | Ulad Bu Sba | Ulad Delim | Ulad Tridarin |